Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

“balbino” en Valga

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, un dos grupos históricos adicados á recuperación cultura tradicional de Galicia, presenta o seu espectáculo “balbino”, dentro do circuito DANZA3 do AGADIC coa colaboración do Concello de Valga. A representación terá lugar o domingo 20 de novembro, ás 20.00h no Auditorio Municipal de Valga.

“balbino” conxuga baile e música como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, que acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela “Memorias dun neno labrego”, de Xosé Neira Vilas, serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas que reflexan a sociedade galega de mediados do século XX: as clases sociais, o éxodo, os costumes ou a rebelión reprimida.

Na recreación deste escenario físico e cronolóxico participan importantes institucións artísticas, como a EASD Mestre Mateo (Departamento de Arquitectura Efémera) e a compañía de teatro Ditea de Santiago de Compostela.

Coidado ao máximo nos detalles, cheo de contido e de sorpresas, “balbino” emprega todas as expresións da identidade galega ó seu alcance para lanzar unha mensaxe sinxela pero moi poderosa sobre quen somos e cal é o noso patrimonio.

Venda de entradas “online” para o espectáculo “balbino”, domingo 20 novembro 2016 (Valga): http://entradas.abanca.com/es/event/balbino/

Venda de entradas “físicas”: