Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Fotos

Folclore na Rúa 2013

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos Concellos da xeografía galega.

A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acercase aos Concellos de Celanova, Marín e o Barco os días 10 de Agosto, 8 e 13 de Setembro.

Nestas actuacións, a Agrupación Cantigas e Agarimos, interpretará, entre outras, Maneo e Muiñeira de Cambre, Xota e Moliñeira de Pol, Xota e Muiñeira de Edreira Vella, Muiñeira de Carcacía, Ruada de Mangüeiro, Foliada de Noia, froito do traballo de campo…