Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Fotos

Acto entrega “Medalla de Ouro” da cidade de Santiago

Acto de entrega da Medalla de Ouro a agrupación Cantigas e Agarimos, cando está a piques de celebrar o seu centenario. A entidade cultural é merecedora da distinción polo seu incansable labor de custodia do folclore galego, tanto na recuperación e conservación da música e o baile tradicional como na súa transmisión ás novas xeracións. Pola agrupación, que mudou a súa sede histórica da Algalia polo barrio do Castiñeiriño, teñen pasado xa case 3.000 alumnos e alumnas.