Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

escola

Matrículate para o Curso 2018-2019

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 3 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso. O período de inscripcións prolongarase ata o día 14 de setembro. Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, canto, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional. Toda a...

Cantigas de Maio

Este sábado día 26 de maio terá lugar o concerto Cantigas de Maio, organizado por Cantigas e Agarimos. Neste concerto poderemos ver todo o que aprenderon os alumnos e alumnas das aulas de piano, guitarra e violín ó longo deste curso 2017-2018, e como comezan a xurdir de forma natural as conexións entre os distintos instrumentos. Cantigas comezou sendo unha escola de baile a música tradicional, pero na que todas as músicas teñen cabida e iso é algo que do que todxs estamos moi orgullosxs. Non perdades a oportunidade de ver o traballo de monitorxs e alumnxs este sábado 26 ás 12:00 no local de Cantigas e Agarimos (antigo CEIP Ramón Cabanillas,...

MERGÚLLATE NA HARMONÍA TRADICIONAL E ARRANXO FOLC

No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece de novo un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc. Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional. ...
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 >