Juan Carlos Mouzo Scaglione
Estas son as novas que un nunca quixera dar. Para Cantigas é un día moi triste, a perda dun gran amigo, un compañeiro e posiblemente o mellor bombo-pratos do pais.
Era un aunténtico luxo tocar ó seu lado, un puntal rítmico e con un gusto exquisito. Aprendemos moito del e sempre nos quedarán gravadas algunhas das suas frases como, “…encima del escenario hay que ser un señor” ou ”…. un poco mas de polenta”.
O noso mais sentido pésame a toda a familia e amigos.
Descanse en paz
______________________
… Por ti, bo amigo,
xuramos
ter ben aberto
o oído
para que o teu bombo nos marque
no resto da vida
o ritmo,
abrazar con apego o seu son
anque, entre mil, soe
baixiño
porque sempre e resempre
será:
o Bombeiro, para nós,
arxentino.