Este curso impartido Xosé Maceda, enfocarase dende o punto de vista do mantemento e arranxo de pandeiretas. Para que a tocadora ou tocador poida facer unhas ferreñas novas, a substitución dun parche novo, e ata pequenos arranxos na madeira.
Duración: 7 horas
Imparte: Xosé Maceda
COLABORA: DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Data: 11 de Novembro de 2023 / Horario: 10:00-14:00h / 16:00 - 19:00h
Descarga o ...
Xornada de coro e canto colectivo, dirixido a xente de todo tipo de nivel, coa finalidade de asegurar os recursos técnicos vocais aplicados nas diferentes pezas da música tradicional galega.
Propoñeranse varios temas para traballar, segundo o nivel dos inscritos. Ao final formarase un coro para facer un pequeno concerto.
Duración: 7 horas
Imparte: Roi Xesteira
COLABORA: DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Data: 28 de Outubro de 2023 / Horario: 10:30-14:00h / 16:00 - 19:30h
Número mínimo/máximo de alumnos: 10/18
Descarga o ...
A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 11 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso, exclusivamente para alumnado activo. Para os novos alumnos e alumnas o prazo será do 21 ao 30 de setembro.
Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, clarinete, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e...