Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Magosto Foliadeiro 18

A Escola de Cantigas e Agarimos organizará o seu magosto o sábado 17 de novembro. Este ano, contaremos co Mago Benxamín co espectáculo “A toda Maxia”. Dará comezo ás 18:30 h. e de seguro que nos fará pasar un bo anaco tanto aos máis cativos da casa coma os máis grandes. Ás 20:00 h. dará comezo o Festival do Magosto da Escola. Serán os monitores de cada grupo os que informen ós alumnos/as da participación no mesmo. Xa máis a noitiña arredor das 22:00h, dará comezo o noso Serán do Magosto no que contaremos con grupos invitados para amenizar a noite. Haberá merenda e castañas para os nenos, e música e castañas para todos/as. Desde Cantigas e Agarimos...

Matrículate para o Curso 2018-2019

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 3 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso. O período de inscripcións prolongarase ata o día 14 de setembro. Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, canto, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional. Toda a...

Cantigas de Maio

Este sábado día 26 de maio terá lugar o concerto Cantigas de Maio, organizado por Cantigas e Agarimos. Neste concerto poderemos ver todo o que aprenderon os alumnos e alumnas das aulas de piano, guitarra e violín ó longo deste curso 2017-2018, e como comezan a xurdir de forma natural as conexións entre os distintos instrumentos. Cantigas comezou sendo unha escola de baile a música tradicional, pero na que todas as músicas teñen cabida e iso é algo que do que todxs estamos moi orgullosxs. Non perdades a oportunidade de ver o traballo de monitorxs e alumnxs este sábado 26 ás 12:00 no local de Cantigas e Agarimos (antigo CEIP Ramón Cabanillas,...