En Cantigas e Agarimos queremos continuar coas actividades de celebración do noso centenario que tivemos que adiar o ano pasado. Por iso, ó longo deste 2022 ímosvos ir propoñendo un programa de actividades formativas e culturais arredor do baile a música tradicional. Seguro que atopades algo que vos interesa: obradoiros sobre instrumentos (técnica, regraxe, fabricación), obradoiros sobre baile galego, presentacións de libros e discos, relatorios... Estade atentxs ás nosas redes sociais para non perder detalle. Sempre hai algo novo que aprender!
Prazo de matrícula: do 21 ao 30 de setembro.
A matrícula realizarase de forma online a través dun formuilario que se habilitará na web o día 21.
Actividades: baile tradicional, pandeireta, gaita, percusión tradicional, zanfona, acordeón diatónico, piano, guitarra, violín, clarinete e solfexo, dirixidas a todas as idades. Xs máis pequenxs contan con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación ao baile e música tradicional.
Medidas anti-COVID: as clases realizaranse dacordo co protocolo sanitario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Os espazos e o número...
[29 xullo 1921-29 xullo 2021]
Alguén dixo máis dunha vez que, nas agrupacións como a nosa, o importante é a institución en si e non tanto as persoas que ao longo da súa historia pasaron por ela. E temos para nós que quen así pensa non vai falto de razón: as persoas van, imos pasando, e a institución segue aí, en pé. Certo é. Pero non é menos certo que as institucións non son outra cousa que o resultado das xentes que as compoñen, daquelas persoas que ao longo da súa historia foron quen de ila adubando día a día co seu bo facer. E, por sorte, en Cantigas desas persoas sempre tivemos dabondo: desde Bernardo del Río, Enrique Sánchez Guerra e aqueles...