Cantigas e Agarimos celebra o centenario da súa fundación co espectáculo “Retrincos: unha gala para os cen anos”, no que se recollen todos os aspectos artísticos relacionados coa Agrupación ó longo deste século de vida: música, baile e teatro, desde unha visión retrospectiva con moita retranca e que dista do mero percorrido cronolóxico pola súa traxectoria. Un narrador moi especial estará acompañado de máis de 90 persoas para escenificar, nunha proposta actual e emotiva, algúns dos persoeiros e momentos máis importantes da historia de Cantigas, que son tamén parte da historia de Galicia e de moitas xeracións de galegos e...
O luns 21 de febreiro, teremos a presentación do libro "O toque pechado" do gaiteiro e artesán Pablo Seoane Méndez. Será ás 20:30 horas na Aula Algalia 11, no local de Cantigas e Agarimos.
Trátase dunha publicación que agroma logo de dous anos de intenso traballo. Nel recóllense unha escolma de exercicios específicos e 150 partituras (todas tradicionais) divididas en 3 niveis de dificultade. O obxectivo deste libro é o de poder axudar a todos/as os/as gaiteiros/as que se propoñan aprender ou mellorar no toque pechado para a gaita de fol galega.
En Cantigas e Agarimos queremos continuar coas actividades de celebración do noso centenario que tivemos que adiar o ano pasado. Por iso, ó longo deste 2022 ímosvos ir propoñendo un programa de actividades formativas e culturais arredor do baile a música tradicional. Seguro que atopades algo que vos interesa: obradoiros sobre instrumentos (técnica, regraxe, fabricación), obradoiros sobre baile galego, presentacións de libros e discos, relatorios... Estade atentxs ás nosas redes sociais para non perder detalle. Sempre hai algo novo que aprender!