Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Obradoiro tambor galego

Obradoiro eminentemente práctico, dedicado ao tambor, no que estudaremos os principais recursos técnicos (redobre, acentos, mordentes...) e a súa aplicación nos ritmos máis coñecidos da nosa música tradicional (muiñeira, xota, pasodobre...). Duración: 7 horas Imparte: Andrés Vilán COLABORA: DEPUTACIÓN DA CORUÑA Data: 18 de novembro de 2023 / Horario: 10:30-14:00h / 16:00 - 19:30h Número mínimo/máximo de alumnos:...

Obradoiro reparación de percusión galega

Este curso impartido Xosé Maceda, enfocarase dende o punto de vista do mantemento e arranxo de pandeiretas. Para que a tocadora ou tocador poida facer unhas ferreñas novas, a substitución dun parche novo, e ata pequenos arranxos na madeira. Duración: 7 horas Imparte: Xosé Maceda COLABORA: DEPUTACIÓN DA CORUÑA Data: 11 de Novembro de 2023 / Horario: 10:00-14:00h / 16:00 - 19:00h Descarga o ...

Obradoiro Coro. Técnica vocal e conxunto

Xornada de coro e canto colectivo, dirixido a xente de todo tipo de nivel, coa finalidade de asegurar os recursos técnicos vocais aplicados nas diferentes pezas da música tradicional galega. Propoñeranse varios temas para traballar, segundo o nivel dos inscritos. Ao final formarase un coro para facer un pequeno concerto. Duración: 7 horas Imparte: Roi Xesteira COLABORA: DEPUTACIÓN DA CORUÑA Data: 28 de Outubro de 2023 / Horario: 10:30-14:00h / 16:00 - 19:30h Número mínimo/máximo de alumnos: 10/18 Descarga o ...