O ano 2013 comezou con novidades en Cantigas e Agarimos. A sección de baile inicia unha nova etapa, xa que desde o mes de xaneiro Pedro Brañas pasou a asumir a dirección artística. Pedro ten demostrada experiencia neste eido, xa que dirixe as seccións de baile e pandeireta do grupo Trébede da A.C. Loaira (Marín) e leva moitos anos como compoñente e tamén como mestre de baile e pandeireta en diversos grupos da provincia de Pontevedra (Grupo de música tradicional Vilarachos de Pontevedra, A.C.F. Trompos ós Pés de Marín, etc). Realiza tamén un importante traballo de recuperación etnográfica e precisamente este coñecemento da música e do baile tradicional levárono a...
O venres 9 de novembro, terá lugar no noso local, o "Magosto 12".
Queda convidado todo o alumnado da Escola de Cantigas e Agarimos deste curso 2012-2013.
Haberá dúas sesións:
Magosto/merenda e "Foliada" para os/as máis cativos/as (18:00 h.).
Magosto/pinchos e "Foliada" para os adultos (21:00 h.).
Aquí podes descargar o cartel.
Por motivos alleos a Cantigas, esta actuación foi posposta. Indicaremos a nova data en canto teñamos confirmación.
**XX de outubro de 2012 no Auditorio de Redondela.
11.30 Inauguración
12.00 “D. Casto Sampedro e Redondela”, por Clodio González, etnógrafo e antropólogo.
12.30 “A contribución de Casto Sampedro á música galega”, por Pablo Carpintero Arias, etnomusicólogo.
13.00 Actuación do Coro Tradicional Cantares de Brión, de Vincios-Gondomar, con interpretación de pezas do Cancioneiro de Casto...