A Xunta apoia a candidatura do baile e da música tradicionais galegos como patrimonio cultural inmaterial da humanidade.
Vázquez Abad e Anxo Lorenzo reuníronse hoxe con representantes de Cantigas e Agarimos, Xacarandaina e O Fiadeiro para avanzar na presentación da candidatura perante a Unesco.
A Consellería confirmou no encontro que impulsará a declaración de BIC como primeiro paso dun proceso que ten como obxectivo a posta en valor e o recoñecemento da cultura tradicional galega.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a solicitude de declaración do baile e da música galega...
O sábado 22 de xuño farase o Festival de fin de curso, na memoria de "Bernardo del Río", fundador de Cantigas e Agarimos. Terá lugar no noso local(Antigo CEIP Ramón Cabanillas) as 18:30 h.
Nel poderemos ver unha mostra de todo o que aprenderon os alumnos o longo do curso, tanto de baile, pandeireta, gaita e percusión, como das novas aulas de piano, guitarra e acordeón.
Co motivo do Día Internacional da Danza, o colectivo XOC, formado por tres asociacións con actividade no eido do folclore galego: Xacarandaina (A Coruña), O Fiadeiro (Vigo) e Cantigas e Agarimos (Santiago), quere facer público o seguinte comunicado:
O Día Mundial da Danza celébrase desde o ano 1982 co obxectivo de darlle visibilidade á danza e captar a atención do público en xeral, agrupando nun día común de exaltación e celebración a tódalas disciplinas dancísticas.
En Galicia, desde tempos inmemoriais existe o baile tradicional como manifestación artística propia, cunha extraordinaria riqueza de movementos e...