Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Matricúlate ata o 27 de setembro

Cantigas e Agarimos amplia o prazo de matrícula na súa escola ata o día 27 de setembro. Se aínda non tiveches ocasión de achegarte ó noso local (antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21 en Santiago de Compostela) poderás facelo no horario habitual de luns a venres, de 19 a 21 h.

Comeza Danza3. Folclore na rúa

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega. Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos Concellos da xeografía galega. A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acercase aos Concellos de Celanova, Marín e o Barco os días 10 de Agosto, 8 e 13 de...

Presentación Danza3

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, XESÚS VÁZQUEZ ABAD, presentaron hoxe, na Sala Eisenman da Cidade de Cultura de Galicia o programa "Danza 3. Folclore na rúa", para a difusión do baile e a música tradicionais, que protagonizan as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña. Xunto ao conselleiro, participaron neste acto JACOBO SUTIL, director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais); AMPARO PÉREZ, vicepresidenta de Cantigas e Agarimos; RAFAEL CRESPO, director musical do Fiadeiro; e ISMAEL MARCOS, gaiteiro de...