Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Cea solidaria

Hoxe venres 29, o Seminario Maior organiza a 2ª "Cea Solidaria". Os fondos obtidos dedicaranse a Cáritas na sua campaña "Nadie sin hogar" de sensibilización sobre as persoas sen teito. Cantigas e Agarimos vai colaborar nesta iniciativa cunha mostra de baile e música tradicional. NOTA DE PRENSA

Magosto 13

Este sábado 23 de novembro terá lugar no noso local, o "Magosto 13". Queda convidado todo o alumnado da Escola de Cantigas e Agarimos. Aqui podes ver o programa. 17:00-19:00: Obradoiro de manualidades con castañas e xogos populares. (Dous grupos: pequenos e maiores) 19:00: Festival do magosto Grupo A de pandeireta: Serán en Toutón Grupo B de pandeireta: Ruada de Liñares Grupo D de pandeireta: Pasodobre de Liñares Iniciación a Baile e Música Tradicional: A Carrasquiña e A Camiño de Viseu Grupo Presolfexo e piano (David): Muiñeira...

Finalistas nos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX.

Os Premios Galegos da Música nacen para recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas; revelar novos talentos e achegar a música e o seu  proceso de produción ao público. O venres 15, fíxose a primeira festa de Nomeados do certame que se celebrou nas instalacións das Bodegas Martín Codax, en Cambados. María Garrido, Directora de Mercadotecnia de Bodegas Martín Códax, deu a benvida aos asistentes e destacou a calidade musical que hai en Galicia. "A adega estivo vinculada dende a súa  fundación á cultura galega que...