A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o vindeiro luns día 15 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2014-2015. O período de inscripcións prolongarase ata o día 26 de setembro.
Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de piano, requinta, clarinete, acordeón, solfexo e guitarra dirixidas a todas as idades. Este curso abriranse aulas de materias novas: canto, zanfona, acordeón e violín. Os/as máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á...
O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina da Coruña, e o do extenso e amplo patrimonio inmaterial da cultura galega.
Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos concellos da xeografía galega.
A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acércase aos Concellos de Rianxo, Marín e Lourenzá os días 30 de agosto, 7 de setembro e 5 de outubro.
Nestas actuacións, a Agrupación Cantigas e Agarimos,...
O prazo de prematrícula na Escola de Cantigas e Agarimos para o curso 2014-2015 comeza o mércores día 11 de xuño. As actividades dispoñibles son baile, clarinete, gaita, guitarra, música e movemento, iniciación á música e baile tradicional, pandeireta, percusión tradicional, piano, presolfexo, solfexo, requinta e zanfona. Ademais, no novo curso contaremos con 3 novas actividades: acordeón, violín e canto.
As persoas interesadas poderán descargar e cubrir o seguinte formulario:
"RESERVA A TÚA...