O recoñecido Xaquín Xesteira, gaiteiro, percusionista e arranxista, é desde o pasado mes de xuño o novo director do coro da Agrupación Cantigas e Agarimos.
Vencellado desde neno coa música tradicional, cursou estudios de gaita no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Participou en concertos e discos de grupos tan importantes da música galega como Milladoiro, Na Lúa ou Fuxan os Ventos. O labor formativo ten un importante espazo no seu curriculum: á parte de ser director das Seccións de Gaita e Percusión da Orquestra Folk SonDeSeu, é mestre de gaita na ETRAD (Escola de...
A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 14 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso.
O período de inscripcións prolongarase ata o día 25 de setembro.
Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, requinta, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de piano, guitarra, clarinete, canto e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional.
Toda a información sobre horarios, grupos,...
O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e o do extenso e amplo patrimonio inmaterial da cultura galega.
Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos concellos da xeografía galega.
A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acércase aos Concellos de A Baña, Barco de Valdeorras e Santiago de Compostela os días 1 de agosto, 11 de...