O vindeiro sábado 7 de novembro terá lugar no noso local, o Magosto Foliadeiro 15. Comezaremos cuns obradoiros para os máis pequenos, a continuación un pequeno festival con grupos da Escola de Cantigas e Agarimos e contra a noite, castañas e foliada para todos/as. Estás convidado/a!
18:30-20:30 h: Obradoiro de manualidades con castañas e xogos populares. (Dous grupos: pequenos e maiores).
20:30 h: Festival do magosto.
22:00 h: Magosto – Foliada
Do Fondo do Peto
Lina e Lola
Fortín da...
O recoñecido Xaquín Xesteira, gaiteiro, percusionista e arranxista, é desde o pasado mes de xuño o novo director do coro da Agrupación Cantigas e Agarimos.
Vencellado desde neno coa música tradicional, cursou estudios de gaita no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Participou en concertos e discos de grupos tan importantes da música galega como Milladoiro, Na Lúa ou Fuxan os Ventos. O labor formativo ten un importante espazo no seu curriculum: á parte de ser director das Seccións de Gaita e Percusión da Orquestra Folk SonDeSeu, é mestre de gaita na ETRAD (Escola de...
A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 14 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso.
O período de inscripcións prolongarase ata o día 25 de setembro.
Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, requinta, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de piano, guitarra, clarinete, canto e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional.
Toda a información sobre horarios, grupos,...