Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Magosto Foliadeiro 16

A Escola de Cantigas e Agarimos organizará o seu magosto o vindeiro sábado 12 de novembro. Ao igual que estes últimos anos teremos obradoiros de manualidades e de xogos tradicionais durante a tarde ademais do festival do Magosto. Os obradoiros realizaránse ás 18:30 h. en dous grupos de nenos/as (maiores e pequenos). Todos/as aqueles/as que queiran participar deberán anotarse antes do xoves día 10 de novembro no listado que colgaremos no pasillo. O festival realizaráse ás 20:30 h., e serán os monitores de cada grupo os que informarán ós alumnos/as da participación no mesmo. Ao remate do festival, dará comezo o noso...

VII Premio Xabier Prado “Lameiro”

O VII Premio Xabier Prado “Lameiro”, que organiza e concede a Coral De Ruada, foille concedio, por unanimidade do xurado, á Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS de Santiago de Compostela. No día de onte reuniuse o xurado nomeado pola CORAL DE RUADA para estudar as candidaturas á sétima edición do PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis...

Matricúlate para o novo curso 16-17

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 12 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso. O período de inscripcións prolongarase ata o día 23 de setembro. Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, requinta, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón, piano, guitarra, clarinete, violín, canto e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional. Toda a información sobre...