Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Magosto Foliadeiro 17

A Escola de Cantigas e Agarimos organizará o seu magosto o sábado 18 de novembro.  Como novidade este ano, contaremos co bo facer da compañía de teatro “Ti e Máis Eu Teatro”. Nesta ocasión as 18:00 h. dará comezo “A MEIGA NO PALLEIRO DO GALO CASTIÑEIRO”, unha obra propia para o magosto, que nos fará pasar un bo anaco tanto aos máis cativos da casa coma os máis grandes. Ás 20:30 h. dará comezo o Festival do Magosto da Escola. Serán os monitores de cada grupo os que informen ós alumnos/as da participación no mesmo. Xa máis a noitiña arredor das 22:00h,...

Matricúlate para o novo curso 2017-2018

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 4 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso. O período de inscripcións prolongarase ata o día 15 de setembro. Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, canto e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional. Toda a información...

Reserva a túa praza para o curso 17-18

Debido á alta demanda de prazas nalgunhas actividades e ó límite no número de alumnos/as por aula, a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 26 de xuño o prazo de prematrícula para o vindeiro curso 2017-2018. O período de preinscripcións prolongarase ata o día 5 de xullo, os luns e os mércores en horario de 18.30 a 20.30 no local da Agrupación, situado...