Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Finalistas nos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX.

Os Premios Galegos da Música nacen para recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas; revelar novos talentos e achegar a música e o seu  proceso de produción ao público.

O venres 15, fíxose a primeira festa de Nomeados do certame que se celebrou nas instalacións das Bodegas Martín Codax, en Cambados.

María Garrido, Directora de Mercadotecnia de Bodegas Martín Códax, deu a benvida aos asistentes e destacou a calidade musical que hai en Galicia. “A adega estivo vinculada dende a súa  fundación á cultura galega que é signo distintivo da nosa terra e é unha honra para a nós dar nome aos I Premios Galegos dá Música: os Premios Galegos da Música Martín Códax”.

O acto estivo conducido por Xacobe Martínez Antelo, voceiro de Músicos ao Vivo e músico con multitude de proxectos que agradeceu “a implicación dos músicos galegos neste proxecto ilusionante que en tan so un mes logrou reunir a 521 proxectos e que a día de hoxe converte a web dos premios www.premiosgalegosdamusica.com na plataforma de música galega máis  importante do momento.

Cantigas e Agarimos é un dos tres finalistas na categoría de “Música Tradicional Galega”, xunto con Davide Salvado e Treixadura.

Con esta festa de nomeados, comeza a conta atrás para a gala de entrega dos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA que se celebrará o 13 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

WEB DOS PREMIOS