Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Cantigas no Luar

Hoxe venres 31 de xaneiro, o grupo de baile da Agrupación Cantigas e Agarimos participará no programa Luar da TVG. Nesta ocasión bailarase a jota e moliñeira de Pol. Adentrados en plena montaña luguesa, esta peza recollida aos veciños do concello lugués de Pol, faise en filas con puntos, consta de tres partes onde os bailadores respetaban cada unha delas, intercalando voltas en roda e tablóns. Xeralmente acompañada polos grandes gaiteros da zona. Xa no século XX se acompañaban de outros instrumentos como clarinete, saxofón, etc. Podedes ver o programa en directo a partir das 22.00h ou en ...

Finou Juan Bello Mallou

Juan Bello Mallou, o que foi gaiteiro de Cantigas e Agarimos durante máis de 50 anos, finou hoxe aos 89 anos na súa casa en Casas Novas. Gaiteiro moi coñecido en Santiago de Compostela e bisbarra, o seu xeito de tocar e as ensinanzas que ata a actualidade transmitiu a todo aquel que se achegaba a el, supuxeron o seu recoñecento como un dos gaiteiros máis prestixiosos de Galicia. Mallou foi membro de diversos grupos da zona de Compostela desde que era un rapaz, pero sobre todo é coñecido pola súa importante etapa no coro de Cantigas e Agarimos, onde coincidiu con Basilio Carril, formando un dos dúos con máis...

Exposición en Cuntis

A Agrupación Folclórica "Cantigas e Agarimos" realizou a finais do 2011 unha Exposición conmemorativa do 50º aniversario da representación de “Os vellos non deben de namorarse" de Castelao en Galicia. Logo de poder verse esta mostra durante unhas semanas na Biblioteca pública Ánxel Casal, a cal gozou dunha grande acollida en Compostela, Cantigas e Agarimos decidiu que "un traballo así, non pode morrer tras unha exposición", comenta Manuel Rey (membro da directiva da asociación), "para nós o gratificante é que esta exposición viaxe por Galicia adiante e se coñeza este fito, no que Cantigas e Agarimos tivo que ver". Así...