Cantigas e Agarimos organiza o próximo sábado 24 de xaneiro o concerto “Aires da Terra: O legado de Feijóo”. Trátase dun proxecto que pretende recuperar os sons e a idea orixinaria que motivou a don Perfecto Feijóo para crear “Aires da Terra” en 1883, o primeiro coro galego e pai dos coros galegos actuais.
Os encargados de interpretar os temas son: Suso Vaamonde (gaita e voz), Xosé Lois Romero (tambor, pandeiro e voz), José Manuel Acha (bombo e voz), Xan Herrera (voz), José Luís Garaboa (voz), Xoan Porto (voz), Paulo Chouza Noal...
Estas son as novas que un nunca quixera dar. Para Cantigas é un día moi triste, a perda dun gran amigo, un compañeiro e posiblemente o mellor bombo-pratos do pais.
Era un aunténtico luxo tocar ó seu lado, un puntal rítmico e con un gusto exquisito. Aprendemos moito del e sempre nos quedarán gravadas algunhas das suas frases como, "...encima del escenario hay que ser un señor" ou ".... un poco mas de polenta".
O noso mais sentido pésame a toda a familia e amigos.
Descanse en paz
______________________
... Por ti, bo amigo,
xuramos
ter ben aberto
o oído
para que o teu bombo nos marque
no resto da vida
o ritmo,
abrazar con apego o seu son
anque,...
O vindeiro sábado 22 de novembro terá lugar no noso local, o Magosto Foliadeiro 14. Comezaremos cuns obradoiros para os máis pequenos, a continuación un pequeno festival con grupos da Escola de Cantigas e Agarimos e contra a noite, castañas e foliada para todos/as. Estás convidado/a!
18:00-20:00h: Obradoiro de manualidades con castañas e xogos populares. (Dous grupos: pequenos e maiores).
20:00h: Festival do magosto.
21:00h: Magosto – Foliada
Awen folque
Pandereteiras de "Vai de Roda" de...