Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

VII Premio Xabier Prado “Lameiro”

O VII Premio Xabier Prado “Lameiro”, que organiza e concede a Coral De Ruada, foille concedio, por unanimidade do xurado, á Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS de Santiago de Compostela. No día de onte reuniuse o xurado nomeado pola CORAL DE RUADA para estudar as candidaturas á sétima edición do PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis...

Matricúlate para o novo curso 16-17

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 12 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso. O período de inscripcións prolongarase ata o día 23 de setembro. Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, requinta, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón, piano, guitarra, clarinete, violín, canto e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional. Toda a información sobre...

CeA na Rede Cultural 2016

O pasado 22 de abril abriu o prazo da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña na que están inscritos máis de 2000 espectáculos, entre eles os de Cantigas e Agarimos. Concellos e asociacións poden solicitar a actuación de grupos e compañías participantes nos circuítos culturais de Deputación da Coruña a través da seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/REDE_CULTURAL/GruposGl.jsp Cantigas e Agarimos oferta diferentes formatos: grupo de baile, charanga, grupo de pandereteiras ou coro tradicional, que...