Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Reserva a túa praza para o curso 17-18

Debido á alta demanda de prazas nalgunhas actividades e ó límite no número de alumnos/as por aula, a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 26 de xuño o prazo de prematrícula para o vindeiro curso 2017-2018. O período de preinscripcións prolongarase ata o día 5 de xullo, os luns e os mércores en horario de 18.30 a 20.30 no local da Agrupación, situado...

Queres aprender a tocar o pandeiro?

Despois dos obradoiros de construcción de pandeiro cadrado que se levaron a cabo nos últimos meses, Cantigas e Agarimos oferta a posibilidade de ampliar os coñecementos sobre este instrumento co obradoiro “O pandeiro cadrado na Galiza”, impartido por Xulia Feijóo e Guillerme Ignacio. O obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas na nosa música de tradición oral, con independencia do seu nivel de coñecemento do repertorio. A xornada organizarase en 2 partes, mañá e tarde, e trataranse tanto aspectos teóricos (historia e etimoloxía do pandeiro cadrado, breve contexto peninsular, zonificación, funcións do repertorio, contexto performativo,...

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DUN PANDEIRO CADRADO

Queres ter un pandeiro feito por ti? Cantigas e Agarimos oferta un obradoiro de construción de pandeiro cadrado impartido por Xosé Maceda. Non necesitas ter coñecementos previos nin traer ningún material da casa, iremos aprendendo ó mesmo tempo que construímos os nosos pandeiros (tamaño 35x35 cm). Ó remate do obradoiro poderemos quedar co instrumento. VAI SER COSER E CANTAR! Cando: sábado 11 de febreiro de 2017, de 10.00 a 14.00h. Posibilidade de quenda de tarde en función do número de inscricións. ...