Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Harmonía tradicional e arranxo folk (Curso Iniciación 2020)

No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece de novo un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc. Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional. ...

Chocolatada Nadal19

O vindeiro venres 20 de decembro de 17:30 a 19:30h, a Escola de Cantigas e Agarimos fará unha “Chocolatada de Nadal” con todxs xs alumnxs para despedir o ano 2019. Trátase dunha merenda compartida na que cada asistente aporta algún alimento para compartir co resto e Cantigas encargarase de preparar o chocolate. Durante a merenda haberá musica, xogos, panxoliñas e un “Concurso de postres”. Para participar neste concurso cada un traerá algún postre caseiro. Decidiremos ao longo da tarde os postres gañadores. Animádevos a pasar esta navideña tarde con nós! Haberá premios!

Matricúlate para o novo curso 19-20

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 9 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso. O período de inscripcións prolongarase ata o día 19 de setembro. Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, coro (infantil/xuvenil), clarinete, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile...
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 >