Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Baile

X Ciclo Coros Galegos Históricos


Fecha:
Hora: 19:00 h
Lugar: A Coruña

Hai xa 131 anos que Pontevedra viu nacer o primeiro Coro Galego. Aos poucos, ducias de vilas galegas fóronse sumando a esta proposta de reivindicación do noso patrimonio musical, grazas en gran medida ao impulso das Irmandades da Fala.

Nacían así Cántigas e Aturuxos en Lugo, A Artística en Vigo, Os Enxebres en Ourense, Viva o Ribeiro! en Ribadavia, A Foliada en Noia, Airiños do Ulla na Estrada, A Troula en Sada… e tamén, os catro coros históricos que chegan aos nosos días.

Dez anos despois da primeira edición, seguimos celebrando o xerme de emoción pola Terra con tres domingos moi especiais e ao longo de tres concertos:

  • 5 de outubro: Coral de Ruada e Cántigas de Terra
  • 19 de outubro: Cantigas e Agarimos e Cántigas da Terra
  • 16 de novembro: Cantares de Brión e Cántigas da Terra.