Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Galas

Marín. Danza3


Fecha:
Hora: 19:00 h
Lugar: Marín

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos Concellos da xeografía galega.

A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acércase aos Concellos de Rianxo, Marín e Lourenzá os días 30

de agosto, 7 de setembro e 5 de outubro.

Nestas actuacións, a Agrupación Cantigas e Agarimos, interpretará, entre outras, Maneo e Muiñeira de Cambre, Xota e Moliñeira de Pol, Muiñeira vella e xota do Muiño (Zas), Xota de Laxoso, Miñas cunchas, Foliada de Monforte, froito do traballo de campo e do arquivo da agrupación.