Reserva a túa praza
O prazo de prematrícula na Escola de Cantigas e Agarimos para o curso 2014-2015 comeza o mércores día 11 de xuño. As actividades dispoñibles son baile, clarinete, gaita, guitarra, música e movemento, iniciación á música e baile tradicional, pandeireta, percusión tradicional, piano, presolfexo, solfexo, requinta e zanfona. Ademais, no novo curso contaremos con 3 novas actividades: acordeón, violín e canto.
As persoas interesadas poderán descargar e cubrir o seguinte formulario:
Unha vez cuberto, o formulario pode ser enviado por correo electrónico a contacto@cantigaseagarimos.es, ou ben entregalo en man no local da Asociación a calquera membro do equipo de escola ou da Xunta Xestora. O horario nos meses de xuño e xullo será mércores e venres de 20:00 a 22:00 h.
A reserva de praza ten un custo de 20 € que se descontarán no momento de formalizar a matrícula no mes de setembro. O pago pódese facer en man ás persoas arriba indicadas ou ben na conta de: 2080 0316 20 3040008651 (Novagalicia Banco).
Máis información en contacto@cantigaseagarimos.es ou no telf. 618 518 524.