Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Magosto Foliadeiro 17

A Escola de Cantigas e Agarimos organizará o seu magosto o sábado 18 de novembro. 

Como novidade este ano, contaremos co bo facer da compañía de teatro “Ti e Máis Eu Teatro”. Nesta ocasión as 18:00 h. dará comezo “A MEIGA NO PALLEIRO DO GALO CASTIÑEIRO”, unha obra propia para o magosto, que nos fará pasar un bo anaco tanto aos máis cativos da casa coma os máis grandes.

Ás 20:30 h. dará comezo o Festival do Magosto da Escola. Serán os monitores de cada grupo os que informen ós alumnos/as da participación no mesmo.

Xa máis a noitiña arredor das 22:00h, dará comezo o noso Serán do Magosto no que contaremos con grupos invitados para amenizar a noite.

Haberá merenda e castañas para os nenos, e música e castañas para todos/as. Desde Cantigas e Agarimos animámosvos a pasar este día con nós.

 

Podes descargar o cartaz no seguinte enlace “Magosto Foliadeiro 17″