Curso de iniciación á HARMONÍA TRADICIONAL E ARRANXO FOLC
No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece de novo un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc.
Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional.
O curso estructúrase en 9 aulas de 3 horas. Serían os venres de 19:30 a 22:30 h. e repartidas durante os meses de febreiro a xuño.
- Febreiro: 15, 22
- Marzo: 8, 22
- Abril: 12, 26
- Maio: 10, 24
- Xuño: 7
O prezo do curso completo é de 180€ (Pagamento único por transferencia).
É o momento de ampliar coñecementos! Apúntate!
Máis información no teléfono 618 518 524 ou no e-mail contacto@cantigaseagarimos.es