Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

CURSO DE INICIACIÓN Á HARMONÍA TRADICIONAL E ARRANXO FOLC

No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece por primeira vez un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc.

Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional.

DESCARGAR O PROGRAMA COMPLETO

O curso estructúrase en 9 aulas de 3 horas. Serían os venres de 19:00 a 22:00 h. e repartidas durante os meses de xaneiro a xuño.

  • Xaneiro: 27
  • Febreiro: 17
  • Marzo: 10, 31
  • Abril: 21
  • Maio: 5, 19
  • Xuño: 2, 16

O prezo do curso completo é de 180€ (Pagamento único por transferencia).

É o momento de ampliar coñecementos! Apúntate!

Máis información no teléfono 618 518 524 ou no e-mail contacto@cantigaseagarimos.es