Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Novas

Cantigas nas Festas da Ascensión

Foron os grupos Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro, Colexiata do Sar e Brincadeira os que este xoves, desde o mediodía ata a noitiña, puxeron o son da terra e os bailes tradicionais ante os ollos agradecidos de centos de persoas que aplaudiron agradecidas. Os escenarios para os bailes destas agrupacións foron os propios rueiros, as prazas da zona vella de Compostela.

Tal vez a máis axeitada para estas actuacións ao aire libre é a praza de Praterías, gracias ás escaleiras de acceso á Catedral e á praza da Quintana, que fan de gradas naturais nas que o público senta e ten unha perspectiva ideal desde un punto máis alto. As outras prazas nas que o baile galego foi protagonista foron a Inmaculada, Toural e Travesa de Fonseca.

Os grupos foron rotando durante todo o día e completaron seis actuacións cada un, que sumaron un total de 24 pases cos seus respectivos bailes.