Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Galas

“balbino” en Valga

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, un dos grupos históricos adicados á recuperación cultura tradicional de Galicia, presenta o seu espectáculo “balbino”, dentro do circuito DANZA3 do AGADIC coa colaboración do Concello de Valga. A representación terá lugar o domingo 20 de novembro, ás 20.00h no Auditorio Municipal de Valga. “balbino” conxuga baile e música como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, que acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela...

Danza3 – 2015

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e o do extenso e amplo patrimonio inmaterial da cultura galega. Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos concellos da xeografía galega. A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acércase aos Concellos de A Baña, Barco de Valdeorras e Santiago de Compostela os días 1 de agosto, 11 de...

Danza3 – 2014

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina da Coruña, e o do extenso e amplo patrimonio inmaterial da cultura galega. Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos concellos da xeografía galega. A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acércase aos Concellos de Rianxo, Marín e Lourenzá os días 30 de agosto, 7 de setembro e 5 de outubro. Nestas actuacións, a Agrupación Cantigas e Agarimos,...
< 1 2 >