Cantigas e Agarimos // Agrupación folclórica

Axenda

“balbino” en Valga

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, un dos grupos históricos adicados á recuperación cultura tradicional de Galicia, presenta o seu espectáculo “balbino”, dentro do circuito DANZA3 do AGADIC coa colaboración do Concello de Valga. A representación terá lugar o domingo 20 de novembro, ás 20.00h no Auditorio Municipal de Valga. “balbino” conxuga baile e música como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, que acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela...

Danza3 – 2015

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e o do extenso e amplo patrimonio inmaterial da cultura galega. Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos concellos da xeografía galega. A Agrupación Cantigas e Agarimos, que conta con seccións de Baile, Pandereteiras, Instrumental e Coro, acércase aos Concellos de A Baña, Barco de Valdeorras e Santiago de Compostela os días 1 de agosto, 11 de...

Aires da Terra, o legado de Feijóo

Cantigas e Agarimos organiza o próximo sábado 24 de xaneiro o concerto “Aires da Terra: O legado de Feijóo”. Trátase dun proxecto que pretende recuperar os sons e a idea orixinaria que motivou a don Perfecto Feijóo para crear “Aires da Terra” en 1883, o primeiro coro galego e pai dos coros galegos actuais. Os encargados de interpretar os temas son: Suso Vaamonde (gaita e voz), Xosé Lois Romero (tambor, pandeiro e voz), José Manuel Acha (bombo e voz), Xan Herrera (voz), José Luís Garaboa (voz), Xoan Porto (voz), Paulo Chouza Noal...
< 1 2 >